Noia acolle o campus xuvenil internacional do proxecto Climántica

O salón de Plenos de Noia acolleu esta mañá un acto que congregou a ducias de alumnos e profesores de Noia e Portugal cun nexo común, o proxecto Climántica. Trátase dun proxecto realizado no marco da alianza europea para a innovación educativa EduCO2cean – Erasmus+ coordinado polo director do IES Virxe do mar de Noia, Francisco Sóñora, e no que participan alumnos de varios países, como México, Portugal e España . Os alumnos participaron con distintas investigacións realizadas ó longo do curso sobre a conservación da biodiversidade fronte ó cambio climático, os mellores proxectos foron premiados coa participación neste campamento que ten lugar en Noia..

Ésta Web utiliza cookies propias y de terceros para medir nuestra audiencia, y mejorar nuestros servicios sin recopilar datos personales en ningún momento. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso.
Acceptar Cookies
x

Canal Barbanza.com pasaría la prueba de Stephen Fry gracias al almacenamiento en caché de WP Super Cache