O Concello de Lousame abre a inscrición nas escolas deportivas e nas actividades para adultos para o curso 2017-2018

A Concellería de Deportes do Concello de Lousame abre o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais para o curso 2017-2018, nas que oferta un total de oito modalidades deportivas: fútbol sala, voleibol, bádminton, tenis, tenis de mesa, baloncesto, psicomotricidade e predeporte.

O Concello de Lousame mantén o mesmo prezo que anos anteriores: 12 euros por cada curso escolar. As actividades terán lugar no CPI Cernadas de Castro en horario de 13:30 a 15:30 horas. Máis información e inscricións na Oficina de Deportes do Concello de Lousame (981 82 57 80).

Así mesmo, o Concello de Lousame abre tamén o prazo de anotación nas actividades deportivas para adultos para o curso 2107/2018, e que se celebrarán no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva). Ademais do ximnasio municipal (aberto de luns a xoves a partir das 19:00 horas), a oferta deste novo curso inclúe ximnasia de mantemento e ximnasia para a terceira idade, que darán comezo os días 16 e 17 de outubro, respectivamente.

Máis información e inscricións na Oficina Municipal de Deportes ou no teléfono 981 82 57 80. As inscricións formalizaranse nas oficinas xerais do Concello de Lousame presentando o formulario de inscrición xunto co recibo de pago.

Ésta Web utiliza cookies propias y de terceros para medir nuestra audiencia, y mejorar nuestros servicios sin recopilar datos personales en ningún momento. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso.
Acceptar Cookies
x

Canal Barbanza.com pasaría la prueba de Stephen Fry gracias al almacenamiento en caché de WP Super Cache