Galicia contará cunha lei de espectáculos públicos que dotará dunha maior seguridade tanto os grandes eventos como as verbenas populares

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación do Proxecto de lei de espectáculos públicos e actividades recreativas, a primeira norma autonómica que establece unha regulación global deste asunto e que dotará dunha maior seguridade tanto os grandes eventos como as verbenas populares.Así mesmo, entre os principais obxectivos da nova norma, Feijóo destacou que o texto ten como fin garantir a protección e a conciliación dos distintos intereses e dereitos que comprenden un abano tan amplo como os espectáculos públicos. Neste senso, insistiu na necesidade de blindar as condicións técnicas e de seguridade máis apropiadas para protexer os dereitos das persoas que participen nun espectáculo en Galicia. Resaltou tamén que a lei garante tamén a maior protección da infancia e da adolescencia.
Feijóo explicou que se trata dunha norma moi traballada, froito do diálogo constante cos sectores implicados e que vén cubrir un baleiro histórico neste eido. Entre outras medidas, establece a potestade para os concellos de poder realizar ampliacións do horario sobre os establecidos normalmente e sancións que poden chegar ata os 600.000 euros cando un local supere o seu aforo e poida supoñer un risco para as persoas.

Ésta Web utiliza cookies propias y de terceros para medir nuestra audiencia, y mejorar nuestros servicios sin recopilar datos personales en ningún momento. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso.
Acceptar Cookies
x

Canal Barbanza.com pasaría la prueba de Stephen Fry gracias al almacenamiento en caché de WP Super Cache