A Deputación da Coruña cede “O discurso” de Isaac Díaz Pardo ao Museo de Belas Artes

Cun sinxelo acto celebrado esta mañá no museo coruñés, no que participaron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, a vicepresidenta, Goretti Sanmartín Rei, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a directora do Museo de Belas Artes, Ángeles Penas, e os fillos de Díaz Pardo, Xosé e Camilo Díaz, a Deputación da Coruña completou o proceso de cesión desta obra de arte de grande valor histórico e artístico, que xa pode ser contemplada polo público na sala de arte galega do século XX do Museo de Belas Artes.
González Formoso destacou o “estreito vínculo” que uniu históricamente á Deputación coa figura de Isaac Díaz Pardo. Un vínculo que comezou en 1940 coa concesión dunha bolsa de estudos para que o mozo Isaac poidera formarse como como artista na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid; que se mantivo ao longo dos anos con múltiples colaboracións culturais e que permanece aínda hoxe, xa que o certame de artes plásticas da Deputación leva con orgullo o norme de Díaz Pardo.
Valentín González Formoso subliñou a importancia de que o cadro deixe de ocupar o seu espazo habitual no pasillo de Presidencia da Deputación para “ocupar agora o lugar que merece nesta gran sede da cultura, no Museo de Belas Artes, onde estará a disposición do público”
A vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín, coincidiu en sinalar que o museo coruñés “é o mellor espazo posible para este cadro” e destacou a súa relación coa poeta e dramaturga Xohana Torres, finada no día de onte.
Tamén o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, tivo unha lembranza para o poeta compostelá e a destacou que “O discurso é un cadro importante polo que supón Isaac Díaz Pardo para a nosa plástica”.
Pola súa banda, Xosé Díaz Arias de Castro, fillo do artista, agradeceu a cesión da obra ao Museo, “o contexto idóneo para poder disfrutalo” e subliñou a importancia que tivo a Deputación na súa traxectoria artística. “Grazas á Deputación, Isaac Díaz Pardo puido rematar a carreira de Belas Artes en Madrid”, afirmou.
Xosé Díaz apuntou tamén que este óleo de dous metros de ancho e 1,7 de alto, “foi, xunto coa obra Os afogados, un dos primeiros cadros de temática política”, pintados polo seu pai, e refelicte en realidade un mitin, aínda que a época na que foi pintado (1946) non se poidera dicir explícitamente.

Ésta Web utiliza cookies propias y de terceros para medir nuestra audiencia, y mejorar nuestros servicios sin recopilar datos personales en ningún momento. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso.
Acceptar Cookies
x

Canal Barbanza.com pasaría la prueba de Stephen Fry gracias al almacenamiento en caché de WP Super Cache