Peinados á última moda en pleno centro de Ribeira

A perruquería sae á rúa en Ribeira grazas ó salón de peiteado Eva Méndez, que esta mañá montou o salón na praza do concello de Ribeira para por ben fermosas á todas as veciñas,. Unha actividade incardinada na semana da moda, posta en marcha pola Asociación de empresarios de Ribeira.

Este é o segundo ano que a perruquería Eva Méndez participa na iniciativa peitéate na rúa, de maneira gratuíta peiteou na praza do concello a medio cento de clientas, porque para ir á moda, ademais de vestir cos últimos modelos, hai que peitearse conforme ás últimas tendencias.

Ésta Web utiliza cookies propias y de terceros para medir nuestra audiencia, y mejorar nuestros servicios sin recopilar datos personales en ningún momento. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso.
Acceptar Cookies
x

Canal Barbanza.com pasaría la prueba de Stephen Fry gracias al almacenamiento en caché de WP Super Cache