Rosa Quintana defende a necesidade de crear unha nova categoría de botiquín que favoreza á frota de baixura

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, defendeu a necesidade de crear unha nova categoría de botiquín que favoreza á frota de baixura. Así o reiterou no pleno do Parlamento, en resposta a unha pregunta sobre as conclusións do informe do grupo de traballo constituído por membros das consellerías de Mar, Sanidade e de Economía, Emprego e Industria, a través do 061 e do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), xunto co sector.

Nesta liña, Rosa Quintana explicou que dese informe conclúese que sería positivo que a Unión Europea considere a posibilidade de realizar unha reclasificación dos botiquíns e engada unha nova categoría, denominada “C-LOCAL”, para as embarcacións de artes menores, é dicir, para os buques que navegan e pescan dentro das augas interiores ou en zonas situadas a menos de 10 millas náuticas da costa.

Ésta Web utiliza cookies propias y de terceros para medir nuestra audiencia, y mejorar nuestros servicios sin recopilar datos personales en ningún momento. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso.
Acceptar Cookies
x

Canal Barbanza.com pasaría la prueba de Stephen Fry gracias al almacenamiento en caché de WP Super Cache