No Parlamento tampouco se logrou o centro de Día para Rianxo

A plataforma polo centro de dia de Rianxo acudiu ata o parlamento onde o PP respondía a unha pregunta realizada polo deputado do BNG pola Coruña Xosé Luís Rivas na que reclamou un centro de día para o concello de Rianxo, tal como demanda o goberno local e a maioría social ante o elevado envellecemento da poboación.
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, informou no Parlamento de que na actualidade están abertos tres centros de día no Barbanza situados en Boiro, Ribeira e na Pobra do Caramiñal; aos que hai que engadir outros tres nas proximidades e que se emprazan nos municipios de Lousame, Valga e Dodro. En total, seis centros de día cunha capacidade máxima de 235 prazas, das que nestes momentos hai libres 56 prazas para cubrir a demanda actual existente ao respecto deste servizo de atención diúrna., pero os veciños de este municipio discrepan, e afirman que a realidade e outra.

Ésta Web utiliza cookies propias y de terceros para medir nuestra audiencia, y mejorar nuestros servicios sin recopilar datos personales en ningún momento. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso.
Acceptar Cookies
x

Canal Barbanza.com pasaría la prueba de Stephen Fry gracias al almacenamiento en caché de WP Super Cache