A Xunta contará co proxecto de execución da futura Cidade da Xustiza de Vigo dentro dun mes e dará comezo de inmediato coa licitación das obras

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda avanzou hoxe que nas vindeiras semanas, o Goberno galego contará xa co proxecto de adxudicación da segunda fase da obra da Cidade da Xustiza, polo que dará comezo de inmediato coa licitación dos traballos, cumprindo así cos prazos estipulados e que o novo edificio xudicial sexa unha realidade no ano 2019.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou hoxe obras de derribo da Cidade da Xustiza onde tamén indicou que para ir adiantando prazos se solicitou ante o concello de Vigo, no mes de agosto, a licenza para a fase II da obra, en aras dunha axilización máxima e seguir cumprindo os prazos, tal e como se ven facendo ata o de agora.

Ésta Web utiliza cookies propias y de terceros para medir nuestra audiencia, y mejorar nuestros servicios sin recopilar datos personales en ningún momento. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso.
Acceptar Cookies
x

Canal Barbanza.com pasaría la prueba de Stephen Fry gracias al almacenamiento en caché de WP Super Cache