Erradicación de tres puntos de vertido en Ribeira

O Concello de Ribeira aprobou en xunta de goberno activar unha actuación para emprender melloras no saneamento que implicarán a eliminación de tres puntos de vertido conducentes ao porto de Santa Uxía.

Unha inspección con videocámara polos colectores da cidade detectou conexións incorrectas entre a rede de saneamento e pluviais nas rúas Ameneiro, Canarias e Rosalía de Castro, o que estaba a provocar que augas residuais estaban vertendo directamente ao medio mariño (un punto localizado entre as rúas Ameneiro e Canarias e dous en Rosalía de Castro).

O obxecto que se persegue con este proxecto reside en eliminar tales vertidos e conectalos coa rede de saneamento para conducilos á EDAR de Couso. Ademais, vaise evitar que un caudal de auga limpa como é o do río Ameneiro vaia innecesariamente á estación de bombeo de Pedra Pateira.

Para isto será necesario instalar 30 metros de PVC compacto para augas fecais e 25 metros de PVC corrugado para augas pluviais, así como 5 e 2 pozos de rexistro, respectivamente.

A actuación ten un importe de 6.979 euros e será realizada por Excavaciones Nima, S.L.. O seu prazo de execución é dun mes.

Ésta Web utiliza cookies propias y de terceros para medir nuestra audiencia, y mejorar nuestros servicios sin recopilar datos personales en ningún momento. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso.
Acceptar Cookies
x

Canal Barbanza.com pasaría la prueba de Stephen Fry gracias al almacenamiento en caché de WP Super Cache