Máis de 56.300 estudantes de ESO, Bacharelato e ensinanzas en réxime especial iniciaron con normalidade o curso na provincia

Un total de 56.357 estudantes da provincia da Coruña comezaron este venres, 15 de setembro, as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato, e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura e Educación e Ordenación Universitaria. Cómpre lembrar que as cifras de matriculación non serán definitivas ata que se coñezan os resultados dos exames de recuperación en secundaria. Neste total tampouco se contempla o alumnado de FP, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse malia que o curso tamén deu comezo hoxe.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aposta do ensino galego por anticipar as necesidades que terá a nosa sociedade no futuro, co plurilingüismo e a educación dixital e tecnolóxica.

Ésta Web utiliza cookies propias y de terceros para medir nuestra audiencia, y mejorar nuestros servicios sin recopilar datos personales en ningún momento. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso.
Acceptar Cookies
x

Canal Barbanza.com pasaría la prueba de Stephen Fry gracias al almacenamiento en caché de WP Super Cache