Román Rodríguez destaca o papel das bandas de música populares como berces da cultura musical en Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, subliñou hoxe o papel das bandas de música populares como berces da cultura musical en Galicia, que –nas súas palabras– é toda unha potencia capaz de competir en calidade con comunidades tan emblemáticas neste eido como a valenciana. Así o asegurou durante a presentación hoxe na Cidade da Cultura do XI Certame Galego de Bandas de Música Populares, que terá lugar no Auditorio de Galicia, en Santiago, os días 25 e 26 de novembro coa participación de dez agrupacións e máis de 600 músicos.

A Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) organiza este evento de carácter anual, para o que volve contar co apoio económico da consellería a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
Román Rodríguez salientou a ampla tradición musical da nosa Comunidade, sustentada por agrupacións como as mencionadas. Neste sentido, agradeceulle á súa federación o labor de coordinación deste colectivo, con 92 bandas e 7000 músicos nas catro provincias.
Explicou, así mesmo, que a Xunta apoia este traballo de xeito directo a través dunha achega económica de 70.000 euros para o desenvolvemento tanto deste Certame Galego de Bandas de Música Populares como do X Concurso Galego de Composición para Banda de Música e Sección Sinfónica. E faino tamén –asegurou– de forma indirecta mediante unha nova liña de axudas, dotada con 300.000 euros, para apoiar tanto as escolas de música municipais como as de asociacións e fundacións sen ánimo de lucro; e da convocatoria dunhas subvencións específicas, cun orzamento de 500.000 euros, para que os concellos e entidades públicas melloren o equipamento, as instalacións e os locais destinados a actividades culturais.

Ésta Web utiliza cookies propias y de terceros para medir nuestra audiencia, y mejorar nuestros servicios sin recopilar datos personales en ningún momento. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso.
Acceptar Cookies
x

Canal Barbanza.com pasaría la prueba de Stephen Fry gracias al almacenamiento en caché de WP Super Cache