Feijóo enxalza o labor das entidades sociais para tecer a rede de benestar e prestar apoio aos que máis o precisan

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, durante unha visita ás instalacións do novo Centro de Atención Social Continuada Vieiro, o labor das entidades sociais para tecer a rede de benestar e prestar apoio aos que máis o necesitan.
Nesta liña, resaltou e agradeceu o importante labor solidario e de loita contra a pobreza que Cáritas realiza, referíndose a esta entidade como “un axente imprescindible para unha política social real e efectiva”. “Agradecer a vosa dedicación e o voso compromiso”, dixo, ao tempo que garantiu o apoio da Xunta, reflectido en 2017 nunha achega de preto de 370.000 euros para Cáritas Santiago, a maior achega dos últimos nove anos.

Ésta Web utiliza cookies propias y de terceros para medir nuestra audiencia, y mejorar nuestros servicios sin recopilar datos personales en ningún momento. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso.
Acceptar Cookies
x

Canal Barbanza.com pasaría la prueba de Stephen Fry gracias al almacenamiento en caché de WP Super Cache