Principian as obras de pavimentación nas rúas Rosalía de Castro, Galicia e Cristóbal Colón dentro do casco urbano de Riveira

As obras do proxecto de pavimentación das rúas Rosalía de Castro, Galicia e Cristóbal Colón, todas elas situadas no casco urbano de Santa Uxía de Riveira, foron adxudicadas á empresa Nemesio Ordóñez S.A., por un importe de 119.472,63 euros, IVE incluído.

Con motivo do inicio das mesmas, córtase ao tráfico rodado o tramo de Rosalía de Castro situado entre a praza do Concello e a intersección con rúa Galicia, razón pola cal os vehículos non poden facer uso de Rosalía de Castro para acceder á fachada portuaria (pero si que poden seguir servíndose dela para acceder dende o Malecón ata a praza da Porta do Sol e a Cristóbal Colón).

Ésta Web utiliza cookies propias y de terceros para medir nuestra audiencia, y mejorar nuestros servicios sin recopilar datos personales en ningún momento. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso.
Acceptar Cookies
x

Canal Barbanza.com pasaría la prueba de Stephen Fry gracias al almacenamiento en caché de WP Super Cache